We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Plan de urbanismo para un novo couto mixto

by Anxo Araújo

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €7 EUR  or more

     

1.
Buscando a canción perfecta, o himno pop que sexa un pedazo de nós. Un soño contado nesa canción perfecta, o hit dunha nova era, dun novo mundo ao meu redor, un tema de cabeceira para este amor sen ser outro charramangueiro máis. Buscando a canción perfecta coa música correcta, un novo xiro de guión que faga que todo pareza que é máis amábel, máis por favor, que todo pareza que é moito mellor. Poñeremos toda a intención na canción perfecta. Buscando a canción perfecta, o himno pop que sexa un pedazo de nós. Un soño contado nesa canción perfecta, un novo mundo ao meu redor que é moito mellor.
2.
Feng Shui 03:58
O tempo pasa tan lento que ata é imposíbel calar, o tempo pasa tan lento se lonxe ti estás. O ritmo faise pesado e non hai mareas nin ventos xa aquí, o ritmo faise pesado se non podes vir. É moito mellor, é puro feng shui, compartir o mundo con ese sorrir. Non preciso máis nada para vivir. É moito mellor. Que pasear polas estrelas no foguete do doutor Zarkov, que ter mil súper poderes ou unha conta desas no banco criminal das illas Caimán que, por moito que digan, non vale máis. É moito mellor que ser invisíbel cando veñen mal ou que aquel imposíbel de poder bailar un ‘slow with you tonight’. É moito mellor, é puro feng shui, compartir o mundo con ese sorrir. Non preciso máis nada para vivir. É puro feng shui.
3.
Xa rematou a Guerra Mundial sen ningún acordo ou trato de paz, sen posibilidade de volver atrás. (Atrás) quedarán esas crises sen máis, os tempos bonitos e o triste pechar. Déixaos estar, déixaos estar alá. Pois si, rematou a Guerra Mundial e o tempo na fronte xa nunca voltará, e nós crendo que iso era amar. (Amar) terminou por nos esgotar, deixounos fundidas sen forzas para máis, cun balance extra oficial de dúas feridas mortais. "Vai sendo hora que veñas verme, vai sendo hora de reflexionar..." Non, máis ben, é hora de por o punto e final.
4.
Antinuclear 04:30
Montaremos unha mesa informativa no centro da capital, repartiremos na praza os folletos, globos ás crianzas e a quen queira unha postal. Contaremos coa mellor megafonía mundial, coa mellor coa que poidamos contar, chamaremos a unha orquestra das de antes que toque A Vitoria de tema final e a esquecer o que foi mal. O que foi tan mal. Despois iremos ata a porta do garito que sempre tiñamos que evitar, pintaremos ben grandes os nosos nomes e cinco mariachis rolarán detrás. Colarémonos nunha festa privada, e na voda de non sei quen, bañarémonos nas fontes da cidade ata que o alcalde o proclame tamén. Si, el tamén. E coas palmas bateremos pandeiretas, tentarei ata algún punto eu bailar, e así deixaremos que amenza o día vendo as nosas caras na prensa local. E fuxiremos cara o mar ou costa arriba que o recado quedou ben dado xa, construiremos un refuxio xa para sempre que sempre será antinuclear.
5.
Apoloxía 03:03
Eu sempre soñei vivirmos illados nunha pequeniña vila de mar. Roubarlle ao tempo a iniciativa e reencontrarnos co esencial mais pasan os días e sigo sen ser protagonista neste ser. E aquí, en silencio, mentres tanto, agardo que volva a lucidez e deixe de sentirme experimento de quen non quere comprender que eu a apoloxía que fago é de ti e dos teus ollos que me fan seguir.
6.
Non vou gastar nin un só minuto de vida falando de ti. Non mereces nin sequera un segundo, estarás sempre lonxe de min. Non vou darche a batalla. Non repetirei as verbas que si me dedicaches ti, Hei deixar as miñas forzas en cousas que aportan e fan ser feliz, como estar hoxe aquí. Non vou darche a batalla. Sei que precisarías xustificalo como un desastre natural.
7.
Fomos 03:44
Fomos un equipo de primeira división, fomos o tempo perdido, unha especie en extinción. Fomos campo sementado, a esperanza e a ilusión. Os paxaros que crían que era doado que puidera levantar calquera o voo. E nunca puidemos ser parte da mesma pel. Fomos da maneira que mellor nos funcionou, un espazo tan baleiro que ao final sobordou. Unha infinita bondade e o silencio do terror. Fomos parte de retrousos mil. Fomos carne de canón. E nunca quixemos ser parte da mesma pel. Fomos un equipo de primeira división mais nunca puidemos ser parte da mesma pel. Fomos da maneira que mellor nos funcionou mais nunca quixemos ser parte da mesma pel.
8.
Canseime de min, de verme así, de tanto que perdín con todo isto en tan pouco tempo. Canseime de ti, de verte así, botándolle pólas seguido ao incendio para despois saír correndo outra vez. Dis que hai xente que si, que o quere así, que mataría por verse nunha como esta e iso a min xa non me afecta. Xa non. Canseime de tanto conto. Veña, deixa o tema xa, todo seguinte paso será sen as túas loias e as túas historias. Non hai nada que arranxar en prototipos que xamais funcionaron, é mellor tiralos. Deixa de quererme así, deixa de quererme así, deixa de quererme así, queixa de querer verme así. Canseime de tanto conto.
9.
Monte Louro 03:37
Amence no Monte Louro, raia o sol escapando do mar. Enlazadas as amantes espertan coa calma do lugar. Ule a vida e non vamos deixar un minuto escapar. Ule a vida e non vamos deixar que quede atrás. Ti espida na procura das ondas mentres eu aínda vou polo areal. Ese océano tan vivo semella que por ti estaba a agardar para fundirse coa súa favorita serea. Para repetir de novo ese ritual. Para repetir de novo coa súa favorita. Anoitece no Monte Louro cun solpor magnético. Non volveremos xamais. Nós quedamos. Non hai moito máis que pensar. Merecemos este mundo, o futuro empeza xa.
10.
Dende a caseta ate a meta queda moito por andar e ata é posíbel que pretendas coma sempre vir detrás para turrar e máis turrar e máis turrar, preténdesme frear, e aínda non souben o xeito de podelo aproveitar. Éche importante cada instante, xa é difícil respirar, izar as velas e navegar un deserto tropical e ti a puxar e máis puxar e máis puxar, preténdesme parar, e aínda non souben o xeito de podelo aproveitar.

credits

released June 28, 2021

Gravado e mesturado por Anxo Araújo en Unha Casa Calquera.
Masterizado por Victor Garcia en Ultramarinos.

license

all rights reserved

tags

about

Anxo Araújo GA, Spain

contact / help

Contact Anxo Araújo

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Anxo Araújo, you may also like: